O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Santa Comba, na Coruña, recuperou con vida a cinco vacas que caeron nun pozo de xurro ao romper unha viga do seu peche, informa Urxencias 112.
O incidente ocorreu no lugar do Ribeiro, na parroquia de Mallón, ao fío das 19:10 horas do xoves.
O 112 Galicia avisou ademais á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.