Opinión

Case todo igal

AGUANTA O independentismo e emerxe Cs como principal alternativa. Esas son as principais lecturas da atípica xornada electoral en Cataluña, aínda que arredor agocha moitas outras, como que os dous partidos que formaron na lexislatura fallada JxSí suman máis separados que xuntos e que por primeira vez unha formación política non nacionalista vence en votos e escanos, pois nas dúas ocasións nas que o PSC superou a CiU en sufraxios obtivo menos asentos no Parlament.

E cataclismo no PP, que nunca conseguiu unha gran penetración en Cataluña, pero desta non chega nin ao 5%, que se fose en Galicia non entraría na Cámara por estar aí o límite mínimo, un resultado que aínda que non sexa extrapolable a España, é unha tremenda labazada a Rajoy. A pesar de haber outro reparto, a polarización continúa e a difícil convivencia entre os bloques tamén. Ou sexa, case todo igual.

Comentarios