martes. 19.11.2019 |
El tiempo
martes. 19.11.2019
El tiempo

CRÓNICA

Desenvolven o primeiro prototipo de aerotaxi sen piloto en España

O centro tecnolóxico vasco Tecnalia presentou esta mañá o primeiro prototipo de aerotaxi de control remoto que se fabrica en España —o terceiro de Europa—. O prototipo está ideado para cubrir traxectos urbanos dun máximo de 15 kilómetros nuns 15 minutos, a 90 kilómetros por hora —malia que podería permitir velocidades de ata 190— e a unha altura de 100 a 300 metros, en función de como evolucione a lexislación vixente.

Prevese que poida ser unha realidade no mercado da mobilidade urbana e sobrevoe o ceo dalgunhas cidades nuns 5 anos, unha vez levadas a cabo todas as fases de proba e horas de funcionamento precisas, e cando se poñan en marcha os cambios lexislativos que o permitan.

VÍDEO: TECNALIA