jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

CULTURA

Gadis difunde o legado de Antón Fraguas en bolsas da compra

Supermercados Gadis renderá homenaxe a Antón Fraguas, mestre universitario e escritor a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Co obxectivo de ensalzar o seu legado, volverá a converter as súas bolsas da compra nun instrumento de difusión cultural. Este ano, incluirán un fragmento dos textos de Fraguas en Aportacións ó Cancioneiro de Cotobade. A novidade é que as bolsas son de papel. Distribuiranse 60.000 unidades o 16 de maio.

Tamén se repartirán 30.000 marcapáxinas cunha peza extraída de A Festa Popular en Galicia, outra obra de Antonio Fraguas.

Ademais, Gadis edita 30.000 libros de Relatos da Ulloa, unha antoloxía de 13 obras curtas de autores galegos que afonda nas raíces do universo literario da comarca da Ulloa. Este proxecto editorial do Instituto de Estudos Ulloáns está coordinado por Xulio Pardo de Neyra, filólogo e profesor da Universidade da Coruña (UDC), e a súa proposta vai dirixida tanto a un público xuvenil como adulto. 

Os libros de Relatos da Ulloa regalaranse nos establecementos de Gadis de toda Galicia o día 16 de maio ata fin de existencias.

VÍDEO: Pepe Ferrín