jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

VÍDEOS

Os expertos recomendan retrasar as rutinas os días previos ao cambio horario

A madrugada do sábado ao domingo teremos que retrasar os reloxos para adaptarnos ao horario de inverno. Ás 3 serán as 2 e, como cada ano, teremos que afacernos ao cambios biolóxicos que conleva o novo horario.

Os expertos recomendan retrasar as nosas rutinas uns días antes para que o cambio non sexa tan brusco. Os especialistas aseguran que reducir o exercicio físico antes de deitarse e desconectar das pantallas polo menos unha hora antes de ir a durmir tamén axuda.