martes. 07.04.2020 |
El tiempo
martes. 07.04.2020
El tiempo

VÍDEOS

Unha familia de corzos déixase ver no párking dun restaurante de Pontevedra

Os responsables do asador A Granxa do Costado, no barrio pontevedrés de Valdecorvos, gravaron na mañá deste venres unha familia de corzos paseando polo párking. O seu propietario explicou a este xornal que non é a primeira vez que os ven nas inmediacións do local, a onde baixan en busca de pasto a primeira hora do día.