Vídeos

Israel acusa de "antisemitismo" a unha tele holandesa por parodiar a canción gañadora de Eurovisión

O CIDI considerou "insustancial e sen fundamento" a parodia holandesa de Toy, a canción israelí gañadora de Eurovisión este ano, e publicou en Twitter unha imaxe na que facía comentarios a bolígrafo debaixo da letra satírica para sinalar que esta é "antisemita". 

A parodia, interpretada pola holandesa Martine Sandifort, comeza coa imitación do pito que caracteriza a actuación da cantante israelí Netta pero inclúe de fondo imaxes das protestas en Gaza. 

O embaixador israelí, Aviv Shir-On, considerou o contido da canción "duro e ofensivo" e engadiu que o programa "inclúe estereotipos antisemitas como bromas". A Embaixada israelí incluso enviou unha queixa oficial ao programa de televisión que presenta un famosa comediante holandesa Sanne Willis de Vries e acusou á emisora pública BNN-Vara de "antisemitismo", segundo confirmou a propia canle. 

"A canción de Israel, gañadora do festival de cancións, coincidiu co crecente conflito na Franxa de Gaza. A parodia cuestiona a política de Israel e non é en absoluto unha acusación contra a comunidade xudía", respondeu a emisora nun comunicado. Engadiu que o show televisivo "discute de maneira satírica" os eventos da semana pasada na fronteira israelí con Gaza, onde decenas de manifestantes palestinos morreron por disparos do Exército israelí, 60 deles o 14 de maio, día en que se trasladou a embaixada de Estados Unidos de Tel Aviv a Xerusalén.

Comentarios