Vídeos

Blanca Suárez e Mario Casas poñen fin á súa relación

Tras varias semanas de rumores, parece confirmarse que Blanca Suárez e Mario Casas romperon a súa relación logo de dous anos xuntos. Así o confirmou o programa Corazón e varias publicacións da prensa rosa fixéronse eco da noticia.

Desde o círculo máis íntimo da parella de actores, que sempre levou o seu noivado con discreción, achacan o final da súa historia de amor ás súas atarefadas axendas e á distancia. 

As alarmas disparáronse cando os dous pasaron o aniversario de Blanca separados, o pasado 21 de outubro, e ademais el non a felicitou publicamente a través das redes.