Martes. 20.02.2018 |
El tiempo
Martes. 20.02.2018
El tiempo

A RAG e PuntoGal incentivan o uso do galego na rede cunha rebaixa no dominio '.gal'

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, o presidente de PuntoGal, Manuel González, e o seu director, Darío Janeiro, este martes. CABALAR (EFE)
O presidente da RAG, Víctor Freixanes, o presidente de PuntoGal, Manuel González, e o seu director, Darío Janeiro, este martes. CABALAR (EFE)

A promoción permitirá rexistralo a un prezo de 15 euros durante o mes de febreiro

 

 

A Real Academia Galega (RAG) e PuntoGal animan a reforzar a presenza do galego en Internet a través dunha promoción que reducirá o prezo nos dominios .gal durante o mes de febreiro. 

En rolda de prensa, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o presidente de PuntoGal, o tamén académico Manuel González, presentaron esta campaña que se desenvolverá durante o mes de febreiro, o mes do aniversario de Rosalía de Castro e o Día Internacional da Lingua Materna. 

"É importante que a lingua galega e a súa cultura estean instaladas na rede", asegurou Freixanes, que considera que o dominio .gal é un "vehículo excelente para dar a coñecer ao mundo" a identidade galega. 

Pola súa banda, González animou a utilizar este dominio a todos o organismo públicos e empresas que exercen a súa actividade en Galicia, para reforzar así "a cohesión social do noso pobo e tamén pór en valor a calidade dos nosos produtos".

CONCURSO DE MICRO-RELATOS. A día de hoxe, .gal ten máis de 4.300 nomes rexistrados e o seu obxectivo é alcanzar este ano os 6.000 dominios. Para iso, comeza co lanzamento desta promoción que, durante o mes de febreiro, permitirá rexistrar por dous anos un novo dominio .gal a un prezo de 15 euros. 

Ademais, ambas as entidades convocan un concurso de micro-relatos para avivar a produción creativa de novos espazos de comunicación. As persoas que desexen participar no concurso terán que enviar os textos, de ata 200 palabras, ao correo comunicacion@academia.gal do 1 ao 28 de febreiro. 

A RAG e PuntoGal incentivan o uso do galego na rede cunha rebaixa...