Jueves. 22.02.2018 |
El tiempo
Jueves. 22.02.2018
El tiempo

The Vaccines, a primeira banda confimada para o Atlantic Fest da Illa de Arousa

A banda británica The Vaccines.
A banda británica The Vaccines.

O grupo británico actuarán o el 21 de xullo  no escenario Son Estrela Galicia ► Os abonos pódense mercar ata o 7 de marzo

 

Os británicos The Vaccines son a primeira banda confirmada no cartel do Atlantic Fest 2018, que se celebrará do 20 ao 22 de xullo na Illa de Arousa.

A súa música soará na xornada do 21 de xullo no escenario Son Estrela Galicia, no que interpretarán temas de Combat Sports, o seu novo LP, que sairá á luz o 30 de marzo. Para os organizadores do festival, "The Vaccines son, sen dúbida, unha das bandas británicas máis importantes e queridas da nosa xeración".

Tras comezar con forza a súa carreira en 2011 co álbum debut máis vendido do ano What Did You Expect from the Vaccines?, en 2012 volveron triunfar con Come of Age (Número 1 en Reino Unido), alcanzando a segunda posición das listas de vendas en 2015 con English Grafiti.

En total, a banda vendeu máis dun millón de discos en todo o mundo ata a data, ademais de conquistar ao numeroso público do circuíto de festivais de verán ao longo dos últimos anos.

"Pasaron xa 3 anos desde a publicación do seu anterior disco English Grafiti pero agora regresan e ao grande con Combat Sports, que sairá o próximo mes de marzo e do que xa adiantaron un par de singles. I Can't Quit e Nightclub teñen unha enerxía desmedida que vén confirmar as palabras do seu cantante, Justin Hayward-Young, nas que aseguraba que Combat Sports sería unha volta ás súas raíces", apuntan os organizadores nun comunicado.

Para esta cita pódense adquirir abonos por 45 euros + gastos na web www.atlanticfest.com ata o 7 de marzo.

The Vaccines, a primeira banda confimada para o Atlantic Fest da...