Vese que o Celta de Vigo tampouco se salva de contar con algún machista entre os seus membros, pero o club vigués está de parabén, porque desde o martes ten un menos.
Sempre fun celtiña, pero que o celta apoie o Apartheid hembrista dóeme moito.
— F€MINANCI€RAM€NT€ FALANDO (\
Sei que non rectificalos, pero tedes un afeccionado seguidor menos..
A violencia é humana, non de xénero.
O club vigués publicou este martes unha foto en Twitter da once inicial que xogou o pasado domingo contra o Xetafe, cunha mensaxe clara: "Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta: NON".
A publicación xerou o apoio da maioría de usuarios da rede social que reaccionaron ao tuit. No entanto, o belixerante detractor de quenda non tardou en aparecer. Afirmou sentirse doído porque o equipo da súa vida apoiase ao "Apartheid hembrista".
Ata luegui.
— RC Celta (\
O community manager celeste non deixou pasar a ocasión para salientar a máxima que transemitía a mensaxe ao que este usuario contestou –"Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta: NON"– e contestou a este detractor da loita contra a violencia machista cun simple "hasta luegui". A parca resposta volveuse viral enseguida.