Unha foca gris ha aparecido na mañá deste sábado ensanguentada nunha praia de Barreiros. O animal apenas podía moverse no areal.
Desde Protección Civil de Barreiros cren que a foca se golpeou contra as rocas debido á forte ondada, de aí as diferentes contusións que presentaba.
O animal foi trasladado á Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA) de Nigrán para que se recuperase pero finalmente faleceu.