A borrasca atlántica Bárbara que xa tomou Galicia deixará ata o xoves abundantes e persistentes choivas e intensos refachos que superarán os 100 quilómetros por hora nalgúns puntos da Península. Na comunidade xa se pasou ese limiar este luns en Viveiro, Muras, Cuntis, Oia, Vimianzo, Camariñas, Cedeira, Maceda ou Carballeda de Valdeorras.
Na animación das tres últimas horas das imaxes do radar vemos como a fronte vai afectando #Galicia, con abundantes chuvias. Os ventos xa superaron os 100 km/h en A Gándara (#Vimianzo) e #Camariñas 109 km ⚠️#sentidiño pic.twitter.com/ZpRNuJaQKn
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) October 19, 2020
Tras este inicio de semana, chega un martes que a nivel estatal se prevé que sexa "o día con tempo máis adverso". Avánzao Rubén del Campo, portavoz da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), porque se anuncia que o vento do sur soprará con refachos fortes ou moi fortes no norte e o oeste da Península, sen descartar "refachos tempestuosos" na Cordilleira Cantábrica, acompañadas de choivas, intensas en toda España, salvo o Mediterráneo e Balears.
Ao longo do martes en puntos do sur de Galicia, Asturias, oeste de Castilla y León, Extremadura, Andalucía occidental e Madrid poderanse superar os 40 litros por metro cadrado.
Así as cousas, Meteogalicia espera unha mañá de ceos parcialmente cubertos, con algunha choiva "miúda" en Ourense, e que a partir do mediodía as precipitacións se estendan a toda Galicia. Serán máis persistentes na provincia de Ourense e o sur da Lugo.
As temperaturas, mentres, descenderán lixeiramente.
Ferrol 14° 19°
Lugo 8° 19°
Ourense 9° 22°
Pontevedra 12° 19°
Santiago 13° 17°
Vigo 14° 19°
As previsións da Aemet para o
A partir do xoves, continuarán as choivas, menos intensas que en xornadas anteriores, pero aínda abundantes en Galicia, Extremadura, Andalucía, sistema central e Pirineos.