A balea que apareceu varada o pasado sábado na praia de Balarés, en Ponteceso, comezou a ser troceada para ser retirada do areal.
Os restos orgánicos do cetáceo serán trasladados á planta de Cerceda para incineralos despois de que os biólogos analicen unhas mostras co fin de esclarecer as causas da súa morte. Pola súa banda, o Concello de Ponteceso quedará co esqueleto do animal para mostralo como reclamo turístico nun futuro, aínda que polo momento permanecerá enterrado nun sarcófago cerca do Polígono Industrial de Ponteceso, á espera de poder tratalo para a súa exposición.