Os nomes das parroquias de San Martiño e San Vicente do Mar tiveron este fin de semana máis mencións nos medios e redes sociais que no último lustro. A causa foi a folla parroquial que comparten e que ilustrou un texto sobre o diálogo na vida familiar coa unha foto dun mozo e unha moza que resultaron ser dous afamados actores porno norteamericanos.
Juan Ventura, cura de San Vicente
Sobre quen identificou aos pornstars, Juan Ventura di descoñecelo, aínda que apuntilla que "debeu de ser alguén das parroquias". "E que ve moito porno", aprecia entre risas.
PRECEDENTES. Os actores que aparecen nos boletíns son concretamente Jayden Jaymes e Johnny Sins. Este último xa tivo máis vítimas inocentes antes das parroquias galegas, pois unha foto na que aparecía caracterizado como paciente nun hospital –unido a que leva a cabeza afeitada– enganou hai uns meses a usuarios de Facebook que pedían fondos para loitar contra o cancro e que ilustraban con el os seus posts.