Unha persoa resultou ferida na tarde deste martes na praia de Silgar mentres practicaba parascending, unha actividade acuática no que os pasaxeiros van suxeitos a un paracaídas que á súa vez vai atado a unha lancha motora que tira deles.
O accidente ocorreu ao redor do sete da tarde cando unha das cordas que suxeitaba o paracaídas á lancha rompeu. A consecuencia disto, o pasaxeiro precipitouse ao mar e enrolouse na tea do paracaídas.
A pesar do aparatoso do accidente, esta persoa permaneceu consciente en todo momento.
No momento do accidente a embarcación da empresa responsable desta actividade trasladou ata o porto aos feridos e chamou á ambulancia. Xa en terra Emerxencias Sanxenxo encargáronse de coordinar a aterraxe do helicóptero para atender ao ferido.
Desde o lugar dos feitos o accidentado foi trasladado en helicóptero ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Ata o lugar trasladáronse efectivos da Policía Local, Garda Civil e Emerxencias Sanxenxo así como o persoal sanitario do helicóptero e a ambulancia.