A galega Miriam Rodríguez, terceira clasificada en Operación Triunfo 2017, protagonizou un cameo na serie de moda da ficción española: Vis a vis. A cantante de Pontedeume, que se declarou fan da produción, apareceu no capítulo emitido este luns en Fox, o primeiro tras o parón de Nadal.
Na súa intervención, Miriam aparece como unha reclusa máis que forma parte do coro do cárcere. Tras interpretar unha canción, Palacios, o director do coro do cárcere, informa ás presas de que só algunhas delas poderán saír de prisión para cantar nunha residencia de anciáns. É entón cando a galega pronuncia a súa única frase no capítulo: "Veña xa!".
Algunas fotos de Miriam en #VisAVis #MiriamAVisAVis
— Rocio D 🦁 (@Roddg_) 10 de xaneiro de 2019
📷 https://t.co/jbYdYKaxNL pic.twitter.com/MImNoGP3Xo