Literatura

O lucense Manuel Lourenzo faise co premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais


Etiquetas: libro, literatura

19/10/2009 - Olaia Ucha. AGN

Manuel Lourenzo vén de facerse co premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais da Agadic coa obra 'Flores de Dunsinane'. Trátase do galardón de maior traxectoria no ámbito teatral galego e está dotado con 6.000 euros, ademais da publicación da obra premiada. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, foi o encargado de entregarlle esta distinción ao lucense este luns en Compostela, na inauguración da XVII Feira Galega das Artes Escénicas.

A presidenta do xurado, Blanca Ana Roig, destacou o emprego na obra premiada dunha ''linguaxe rica, poética e expresiva dramaticamente''. Ademais, comentou que reinterpreta un clásico da importancia de 'Macbeth', ''crando expectativas no espectador, ao ofrecer unha nova luz en relación aos personaxes''

Pola súa banda, Lourenzo agradeu este galardón, asegurando ironicamente que a obra presentada é un ''texto realmente difícil e moi pouco provocativo, desde o punto de vista da risa''. Asimesmo, calificou este premio de ''moi grande, pola sombra que dá este escritor''. Por último, o autor quixo facer referencia á situación lingüística, afirmando que ''son desiderativo na literatura, pero afirmativo na fala''.

'Flores de Dunsinane' centra o seu argumento no fillo dun dos compañeiros de armas de Macbeth, a quen este mandara asasinar. Emprega a súa astucia para chegar a rei de Escocia e agora, vello e moribundo, recibe a visita dos seus antecesores, os Macbeth, cos que revive o seu sanguento reinado.

Premios Manuel María e Barriga Verde
Por outra banda, Xosé A. Neira Cruz resultou o vencedor do premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, coa obra 'Sopa de xarope de amora', obtendo por segundo ano consecutivo un dos premios que concede a Agadic. A presidenta do xurado definiu esta comedia como ''áxil e divertida'' e afirmou que ''estimula a imaxinación''.

Ao recoller o premio, Neira Cruz amosou o seu desexo de que o teatro infantil galego ''medre e interese ao sector editorial''. Esta obra presenta as peripecias do Doutor Amorodo, científico ao servizo das casas reais, que vive completamente namorado de Chismunda.

O Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques, na súa versión para adultos, recaeu en Ignacio Vilariño por 'Auga que non vas beber...', un musical inspirado na tradición oral anticlerical ibérica e que conta os amoríos do Padre Damián.

O xurado valorou a ''axilidade e ironía'' do texto. Pola súa banda, o autor confesou que ''nunca pensei levar un premio de escrita dramática'' e lembrou a importancia de recuperar as pezas tradicionais dos monicreques galegos, oitas delas ''xa case esquecidas''.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

(Foto de archivo: EPL)
(Foto de archivo: EPL)