Adrián Ben, sexto na final dos 800 no Mundial

Saíu último da primeira curva, pero no tramo final conseguiu superar a dous rivais
Adrián Ben celbra o seu sexto posto en Doha. LAVANDEIRA JR. (Efe)
photo_camera Adrián Ben celebra o seu sexto posto en Doha. LAVANDEIRA JR. (Efe)

Adrián Ben foi sexto na final dos 800 metros do Mundial de Doha, cun tempo de 1.45.58 O de Viveiro, que non partía entre os favoritos, concluíu así un campionato inesquecible. 

A medalla de ouro foi para Donavan Brazier, mentres que a prata e o bronce acabaron en mans de Amel Tuka e Ferguson Cheruiyot Rotich

Na carreira decisiva, pola rúa tres, Ben saíu da primeira curva último e a distancia co resto foise agrandando. Antes do toque de campá perdera toda esperanza, pero polo menos tivo arrestos para recoller na recta a dous "cadáveres" para terminar sexto con 1:45.58.

Un mes de ilusión
O soño de Adrián Ben empezou a debuxarse o 1 de setembro, cando se proclamou subcampión de España de 800 na NucíaDespois foi convocado para a cita de Doha. O seu primeiro Mundial absoluto ao que chegaba sen ningunha presión. Ben asinou a súa segunda mellor marca persoal nesta distancia (1:46.12) e finalizou a súa serie segundoNon partía como favorito nas series eliminatorias e meteuse no peor tempo dos 24 semifinalistas.

E este martes converteuse no segundo español en correr unha final de 800 dun Mundial. Fíxoo Tomás de Teresa en 1991 en Tokio e foi oitavo. Antes, Ben xa se converteu no atleta español máis novo en correr unha semifinal dun Mundial. Tamén foi o primeiro atleta nacional en baixar de 1:45.00 nun Campionato do Mundo, cun crono de 1:44:97. "Alguén tiña que ser o primeiro", dixo tras finalizar a proba do domingo.

Pero esta catarata de datos e marcas non termina aquí. Xa conta coa mínima para correr nos Xogos Olímpicos de Tokio de 2020, que está establecida en 1:45.20. Tamén bateu a marca galega da distancia a Colomán Trabado, que o tiña en 1:45.15. 

Comentarios