domingo. 07.03.2021 |
El tiempo
domingo. 07.03.2021
El tiempo

Bartomeu non dimite e convoca eleccións a partir do 15 de marzo de 2021

Josep María Bartomeu. EFE
Josep María Bartomeu. EFE
A xunta directiva marcou o día dos comicios na data máis próxima posible que non implique a dimisión anticipada do seu mandato

Logo da reunión de máis de catro horas celebrada este luns pola xunta directiva do FC Barcelona, o seu presidente, Josep Maria Bartomeu decidiu acabar o seu mandato e convocou as eleccións para o primeiro partido de Liga no Camp Nou despois do 15 de marzo de 2021. 

Segundo os Estatutos, "as eleccións á presidencia do club deben celebrarse entre o 15 de marzo e o 15 de xuño inmediatamente anteriores á finalización do mandato". E a iso aferrouse a cúpula que goberna a entidade. 

"Unha vez analizada todas as opcións, a Xunta considera que esta é a data máis viable para a celebración destes comicios. A Xunta entende que a convocatoria das eleccións de xeito inmediato non é viable tendo en conta que o campionato de Liga empezará o fin de semana do 12 de setembro e o marco derivado da crise da Covid-19, tanto no ámbito económico como social", argumentou nun comunicado. 

Nos últimos días, o precandidato Víctor Font e o expresidente Joan Laporta, entre outras voces da contorna azulgrana, pediran á xunta directiva de Bartomeu a dimisión inmediata. Con todo, este anuncio non cambia as previsións respecto a celebración dos comicios que había ante o desastre do primeiro equipo (2-8) ante o Bayern de Múnic e a candidatura gañadora non poderá coller as rendas do club ata o 1 de xullo de 2021. 

Polo tanto, queda descartada a opción de que a xunta directiva dimitise para que unha Comisión Xestora fose a encargada de xestionar o club durante un período máximo de tres meses antes das eleccións. As mesmas serán convocadas, segundo adiantou o club, "a finais do mes de xaneiro", de acordo ao que establece o artigo 43.1 dos Estatutos da entidade. 

A celebración dos comicios a partir do próximo 15 de marzo, "implica que a Xunta Directiva asumirá a plena responsabilidade en relación ao peche do exercicio económico da tempada 2020-21", que arroxará importantes perdas por mor da pandemia do coronavirus. 

Ademais, o actual órgano de goberno do Barça entende que esta folla de ruta "permitirá un traspaso ordenado á candidatura gañadora, que disporá de marxe temporal suficiente para planificar a tempada 2021-22

Bartomeu non dimite e convoca eleccións a partir do 15 de marzo de...
Comentarios