Casillas renova por unha tempada co Porto

Será a cuarta tempada do xogador co equipo portugués

Iker Casillas, durante un entrenamiento con el Oporto. TWITTER
photo_camera Iker Casillas, durante un entrenamiento con el Oporto. TWITTER

O Porto e Íker Casillas acordaron este xoves a renovación do porteiro español co equipo portugués por unha tempada máis, que será a cuarta do futbolista no seu actual equipo.

Tanto o club como o propio xogador confirmaron a noticia nos seus perfís de redes sociais: "¡Unha tempada máis!", escribiu Casillas no seu perfil de Instagram, no que publicou unha fotografía del xunto ao escudo do Porto.

O acordo fora avanzado este xoves pola mañá por Jornal de Notícias, que explicaba que o gardameta acordaría quedar no equipo branquiazul a cambio dunha redución salarial que non foi especificada.

Casillas, de 36 anos, repetira en varias ocasións que se atopa moi ben na cidade portuguesa, onde acaba de conquistar a liga, o seu primeiro título como xogador dos dragóns.

Esta tempada disputou 31 partidos entre Liga, Copa de Portugal, Copa da liga e Liga de Campións, nos que encaixou 19 partidos.

Casillas completou xa tres tempadas no Porto, ao que chegou no verán de 2015 procedente do Real Madrid e da man do agora seleccionador español, Julen Lopetegui.

Comentarios