viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

O Celta-Dépor será o 5 de maio coa dúbida de Aspas

Iago Aspas. SALVADOR SAS (EFE)
Iago Aspas. SALVADOR SAS (EFE)

Os coruñeses xóganse a permanencia e os vigueses intentan apurar as súas opcións de clasificarse para as competicións continentais

LaLiga deu a coñecer este mércores os horarios da xornada 36 do campionato, na que se xogará o derbi galego entre o Celta de Vigo e o RC Deportivo no estadio de Balaídos o sábado 5 de maio ás 18.30 horas.

O derbi galego celebrarase a véspera do Barcelona-Real Madrid e podería ser decisivo para os dous contendentes aínda que por diferentes obxectivos. Os coruñeses xóganse a permanencia na máxima categoría do fútbol español e os vigueses tentan apurar as súas opcións de clasificarse para as competicións continentais. 

ASPAS, SERIA DÚBIDA. Iago Aspas podería non estar en condicións de xogar o partido. O xogador do Celta estará de baixa "unhas tres semanas" despois de que a ecografía que lle realizaron este mércores revelase que sofre "unha rotura fibrilar no bíceps femoral da súa perna dereita".

O Celta-Dépor será o 5 de maio coa dúbida de Aspas
Comentarios