miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

O Celta sucumbe ante o Osasuna (2-0) tras asinar un encontro moi frouxo

Nolito laméntase mentres os xogadores do Osasuna celebran un gol. EFE
Nolito laméntase mentres os xogadores do Osasuna celebran un gol. EFE
O excéltico Roncaglia, cun golazo, e Calleri, foron os verdugos dos celestes

O Celta, logo dun frouxo partido, sucumbiu ante un Osasuna que se impuxo por 2-0 grazas aos goles dos arxentinos Roncaglia e Calleri. Non lle fixo falta facer moito ao equipo navarro para facerse cos tres puntos ante un rival inoperante en ataque.

Vermellos e celestes comezaron o partido de xeito parello antes de que Osasuna tomase o mando do encontro cun xogo máis reconocible que fixo que os navarros fixesen máis méritos para adiantarse no marcador.

No ecuador da primeira metade, Facundo Roncaglia golpeou o esférico a 28 metros da portería de Villar para adiantar ao seu equipo no marcador grazas a un excepcional zapatazo cruzado ante o que pouco puido facer o meta galego. A lei do ex cumpriuse entón.

O Celta tratou de buscar a Iago Aspas e Nolito sen moito éxito debido ao cansazo acumulado dos homes de Óscar García, quen chegaron a Pamplona tres días despois da derrota sufrida ante o Barcelona.

O xenio de Moaña intentou tirar do carro do seu equipo como afai habitualmente, pero finalmente chegouse ao final dunha primeira metade con poucas ocasións claras de gol.

A choiva apareceu no Sadar para deixar o céspede máis rápido co consecuente perigo que iso leva. Calleri avisou de cabeza, pero a súa remate marchouse por encima do arco.

Osasuna conseguiu anular ao Celta cunha presión que afogou a uns galegos que non conseguían achegarse á meta de Sergio Herrera a pesar de que García deu entrada a xogadores ofensivos como Emre Mor ou Santi Mina.

Un disparo errado de Roncaglia coa perna esquerda supuxo un forte centro no que o seu compatriota, Calleri, meteu valente a cabeza para introducir o esférico na portería de Villar. 2-0 e os navarros puxeron máis terra polo medio.

Finalmente, De Burgos Bengoetxea decretou o final dun partido no que Osasuna levo tres puntos antes uns vigueses que non mostraron a versión que a súa afección espera duns futbolistas con calidade para loitar por maiores metas.

Ficha técnica
2. Osasuna: Sergio Herrera; Roncaglia, Unai García (Adrián m. 90), David García, Íñigo Pérez; Rubén García, Oier (Nacho Vidal m. 83), Torró, Kike Barja (Jony, m.64); Calleri, Enric Gallego (Moncayola, m.64).
0. Celta: Villar; Mallo, Aidoo, Murillo, Olaza; Baeza (Mor, m.60), Okay, Tapia (Mina, m.73), Denis; Aspas, Nolito (MIguel Rodríguez, m.81).
Goles: Roncaglia 1-0 (m. 23), Calleri 2-0 (m.76).
Árbitro: De Burgos Bengoetxea (Comité vasco), asistido por Díaz Pérez Del Palomar e Nuñez Fernández. O colexiado vasco mostrou amarela Oier, Rubén García e David García por parte de Osasuna e a Tapia, Murillo e Miguel Rodríguez por parte do Celta.
Incidencias: Partido correspondente á xornada cinco da liga Santander disputado no estadio do Sadar. 

O Celta sucumbe ante o Osasuna (2-0) tras asinar un encontro moi...
Comentarios