lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

O fútbol base analizará a "actitude de pais" por unha pelexa nun partido de prebenxamíns 

Rafael Louzán. EP
Rafael Louzán. EP

Afeccionados da AJ Lérez e á EFB Moañesa participaron nunha pelexa durante o partido, na que chegaron a intervir as forzas da orde

Este luns, na sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago, vaise a celebrar a primeira reunión deste novo mandato do Comité Galego de Fútbol Base que abordará como "primeiro asunto a tratar" a violencia en partidos de fútbol basee, "con especial mención á preocupante actitude de pais e nais".

A Federación refírese aos "últimos e lamentables acontecementos" vividos este domingo nos campos de fútbol de A Xunqueira, onde un encontro de categoría prebenxamín tivo que ser suspendido por mor da unha pelexa na bancada entre pais e nais xogadores de ambos os equipos.

O partido en cuestión enfrontaba á AJ Lérez e á EFB Moañesa, da categoría Prebenxamín Primeira Galicia, nun dos campos de Fútbol-8 do complexo deportivo pontevedrés.

Segundo reflectiu na acta o colexiado Alexander Váquez Castro, cando corría o minuto 20 de xogo, cun resultado de 3-0, "observo que afeccionados de ambos os equipos, na súa case totalidade nais e pais dos xogadores enceréllanse nunha discusión que vai subindo de ton ata o punto de converterse nunha pelexa, tendo que intervir as forzas da orde".

O árbitro do partido, "ante a gravidade dos feitos e a curta idade dos xogadores", explica na súa acta, decidiu dar por terminado o partido "estando ambos os delegados conformes" coa súa decisión. 
Ante esta situación foi requirida a presenza de axentes da Policía Local, xa que a disputa incluíu varias agresións e polo menos unha persoa ferida.

CONDENA

Por parte da Real Federación Galega de Fútbol condenan "todo tipo de violencia, física ou verbal, que se produce nun campo de fútbol" e, aseguran que están "a traballar para poder solucionar este problema que tanto preocupa á Xunta Directiva".

Hai xa dúas tempadas o propio Comité de Fútbol Basee aprobou a medida de darlle ao árbitro a potestade de suspender un partido no caso de producirse algún tipo de violencia desde a bancada, incluso si esta fose verbal, con insultos ao propio árbitro, a adestradores ou xogadores.

Este Comité está presidido por Rafael Louzán, presidente da RFGF, e está formado por varios directivos e altos cargos federativos, así como por clubs representativos do fútbol base de cada unha das sete Delegacións federativas, máis a subdelegación da Costa. A eles tamén se suman agora os tres clubs profesionais do fútbol galego: RC Celta, RC Deportivo e CD Lugo.

O fútbol base analizará a "actitude de pais" por unha pelexa nun...
Comentarios