Hacienda mantén a vía penal contra Cristiano Ronaldo por suposta fraude

A Axencia Tributaria rexeitou a oferta económica do xogador

Cristiano Ronaldo
photo_camera Cristiano Ronaldo

A Axencia Tributaria manterá a vía penal no caso no que a Xustiza investiga ao futbolista do Real Madrid Cristiano Ronaldo por unha presunta fraude de 14,7 millóns de euros cometido entre os anos 2011 e 2014 en relación aos seus dereitos de imaxe, segundo fontes próximas á investigación. 

As mesmas fontes indicaron a Europa Press que hai uns meses houbo unha reunión "moi insatisfactoria" na que o dianteiro do Real Madrid ofreceu "unha cantidade insignificante" que roldaría os "catro ou cinco" millóns de euros fronte aos quince que se lle reclaman. A Axencia Tributaria rexeitou a súa oferta económica, segundo precisaron. 

En ningún caso, segundo as mesmas fontes, ofrecería un cheque en branco para pechar o seu caso a condición de que se retire a vía penal, circunstancia que Facenda non ten previsto. 

Segundo publica hoxe o diario El Mundo, Ronaldo ofrecería un cheque en branco á Axencia Tributaria para pechar o seu caso se retira a petición de cárcere que existe contra el.

RENDAS POR DEREITOS DE IMAXE. O xulgado de primeira instancia e instrución número 1 de Pozuelo de Alarcón investiga a Ronaldo por un presunto delito contra a Facenda Pública, ante a posible existencia dunha infracción penal prevista e penada nos artigos 305 e 305 bis do Código Penal. 

A Fiscalía, na súa denuncia, subliña que o denunciado aproveitouse dunha estrutura societaria creada en 2010 para ocultar ao fisco as rendas xeradas en España polos dereitos de imaxe algo que supón un incumprimento "voluntario" e "consciente" das súas obrigacións fiscais en España. 

Comentarios