jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

Míchel Salgado: "Luis Enrique demostrou no Barcelona do que é capaz"

Míchel Salgado. EFE
Míchel Salgado. EFE

"É unha solución moi boa, e sen ter que romper outro contrato ou ter que falar con ninguén", dixo o exfutbolista galego

Míchel Salgado, exinternacional español, comentou en Moscova que Luis Enrique Martínez, nomeado este luns novo técnico da selección nacional, "demostrou no barcelona no seu primeiro ano do que é capaz".

O exlateral galego, que participou nun acto da Fifa en recoñecemento aos voluntarios que están a participar no Mundial, comentou no Parque de Fútbol da Praza Vermella aos xornalistas que gañar un triplete no conxunto azulgrana "non é fácil para ninguén".

"Creo ademais que era unha opción clara porque estaba sen equipo, co cal é unha solución moi boa, e sen ter que romper outro contrato ou ter que falar con ninguén", dixo.

Míchel Salgado considerou que "é un momento clave ademais para que veña un seleccionador que teña tempo para traballar, para intentar, non cambiar as cousas, simplemente, coñecer os erros que se fixeron neste Mundial, se se fixeron, porque non é o momento de culpar a ninguén, e buscar solucións".

"Hai primeiro que optimizar o noso fútbol, o noso sistema. Non temos que cambiar nada, senón atopar o xeito de ter solucións alternativas. Temos que seguir así, pero tamén saber como romper os sistemas defensivos que cada vez aprenden a como pararnos a nós", recalcou.

Afirmou que non pode entrar no ocorrido antes do Mundial coa destitución de Julen Lopetegui e a aceptación de Fernando Hierro de facerse cargo do equipo dous días previos ao comezo.

É un tema persoal, a verdade que non podo entrar niso porque non estou dentro para saber o que realmente pasou. Non sei por que tomou a decisión Julen. Ao final a decisión do presidente da Federación tamén é complicada a dous días do Mundial. Fernando Hierro botoulle un par de bemoles para estar aí. Os xogadores sempre tamén saen afectados, queiras ou non, a pesar de que con Hierro estiveron máis que cómodos", indicou.

"Foi un Mundial difícil para nós, complicado para os mozos, pero non dubido da calidade desta selección, da calidade dos seus xogadores e dos que veñen detrás tamén. Temos que seguir traballando do xeito que fixemos nestes últimos 20 anos", asegurou. 

Míchel Salgado: "Luis Enrique demostrou no Barcelona do que é capaz"
Comentarios