jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

A odisea do Paiosaco: tirados na A-6

Los jugadores del Paiosaco, entre la nieve en la A-6. UD PAIOSACO
Los jugadores del Paiosaco, entre la nieve en la A-6. UD PAIOSACO

O autobús avariouse na montaña lucense cando viaxaban ao Barco, onde non puideron xogar ao non ter caneleiras

O Paiosaco sufriu unha auténtica odisea este luns por culpa da neve. O equipo da Laracha debía xogar no Barco nun partido correspondente á décima xornada de Terceira. Con todo, o seu autobús deixounos tirados na A-6, á altura das Nogais. Aínda que contrataron outro e puideron chegar á localidade ourensá, non puideron transportar o material deportivo, pois a maleta do seu bus orixinal non se podía abrir.

Unha vez no campo, a directiva do CD Barco puido facilitarlles varios pares de botas, pero só sete de caneleiras, co que o árbitro só deixaba ao equipo coruñés iniciar o partido con ese número de xogadores, que é o mínimo que permite o regulamento. Ante esa situación, e tendo en conta que moitas das botas que logrou reunir o Barco eran de tacos de goma e estaban en mal estado, o Paiosaco decidiu non disputar o partido.

Agora será a Federación a que adopte unha decisión sobre o partido aprazado, aínda que todo apunta a que se lle dará por perdido o duelo ao Paiosaco por un resultado de 3-0.

A odisea do Paiosaco: tirados na A-6
Comentarios