jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

Pau Gasol anuncia que deixa de ser xogador do Porland

Pau Gasol. TWITTER
Pau Gasol. TWITTER
O equipo decidiu rescindir o seu contrato xa que a súa lesión no pé esquerdo non vai polo camiño desexado

Os Portland Trail Blazers decidiron rescindir o contrato do pivote español Pau Gasol, de 39 anos, segundo anunciou este mércores nas súas redes sociais o propio xogador, que adiantou que a recuperación da súa lesión no pé esquerdo non vai polo camiño desexado e asegurou que porá "toda a súa enerxía" para poder volver xogar ao baloncesto canto antes.

Nun vídeo de pouco menos de dous minutos publicado nas súas redes sociais en español e inglés, o veterano pivote catalán recorda que en xullo acordou co seu novo equipo que se os prazos marcados polos médicos alargábanse, os seus responsables terían a opción de substituílo por outro xogador e tamén adianta que están a estudar a forma para que siga contribuíndo ao equipo "desde un rol diferente" que aínda non definiron".

Na cinta, o veterano pivote recoñece que, seis meses despois de ser intervido cirurxicamente dunha fractura de tensión no óso navicular do seu pé que lle impediu xogar os playoffs da NBA con Milwaukee e o Mundial de China coa selección española, a evolución non é a desexada, o que motivou a súa saída do equipo.

Este é o comunicado gravado polo maior dos Gasol:

"Ola a todos, quería contarvos que desde o día de hoxe deixarei de ser xogador dos Portland Trail Blazers para dedicarme de cheo á miña recuperación. A lesión que teño adoita ter uns prazos de recuperación de entre seis e doce meses. Opereime en maio para poder acelerar a miña volta ás pistas pero desafortunadamente nos últimos días vimos que a miña recuperación completa vai tomar mais tempo do que inicialmente esperabamos.

Cando asinamos o contrato en xullo acordamos que se os meus prazos de recuperación se alongaban, o equipo tiña a opción de recuperar o meu posto e así traer un novo xogador que puidese achegar ao equipo de forma inmediata e eu podería, nese escenario, centrarme na miña recuperación sen ter ao equipo esperándome.

Este deporte deume e ségueme dando moitísimas alegrías. Vivín momentos incribles e algúns -moi poucos- difíciles de dixerir como o que estou a atravesar agora mesmo, pero sigo coa mesma ilusión do primeiro día e vou traballar ao máximo na miña recuperación coa intención de volver a difrutar do deporte que amo.

Namentres, e mentres continúo recuperándome en Portland, estou contento de anunciar que xunto aos Portland Trail Blazers estamos a estudar a forma para que siga contribuíndo ao equipo desde un rol diferente que aínda non definimos. Agradezo a vontade do club de atopar a fórmula de seguir traballando xuntos e desexo que teñamos e podamos ter un gran ano Moitísimas grazas a todos de corazón grazas, polo voso agarimo sempre e o voso apoio, e seguimos".

Pau Gasol anuncia que deixa de ser xogador do Porland
Comentarios