Abanca permite xestionar os seus seguros e realizar transferencias inmediatas desde o móbil

Os seus clientes poderán pagar desde o teléfono os recibos pendentes

Logotipo de Abanca. AEP
Logotipo de Abanca. AEP

Abanca lanza unha nova versión da súa aplicación de banca móbil que incorpora novas funcionalidades, como xestionar os seguros contratados coa entidade e realizar transferencias inmediatas. "Os seguros forman parte do ADN de Abanca e son unha das prioridades estratéxicas da entidade, polo que quixemos facilitar aos nosos clientes a súa xestión e contratación permitíndolles facelo comodamente desde o seu móbil", sinalou Álvaro García Diéguez, director xeral de Abanca Seguros. 

Ademais, explicou a entidade, o cliente poderá informar directamente á compañía de calquera sinistro que sufra e, proximamente, tamén estará dispoñible a posibilidade de consultar o último recibo de cada seguro, modificar algún aspecto ou cambiar as características.

MÁS XESTIÓNS. Ademais de todo o relacionado coa operativa de seguros, a nova versión da banca móbil de Abanca inclúe outras posibilidades como a de enviar transferencias de forma inmediata aos bancos europeos que admitan esta operativa. 

Os clientes tamén poderán imprimir ou enviar o xustificante que se xera ao realizar unha transferencia e pagar desde o móbil os recibos que teñan pendentes.

Comentarios