miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Os '19 de Meirás' piden "celeridade": "Queda moito por exhumar en Galicia"

Pazo de Meirás.CABALAR (Efe)
Pazo de Meirás.CABALAR (Efe)

O colectivo 19 de Meirás reclamaron "celeridade" e "contundencia" ao Goberno na recuperación para o público do Pazo de Meirás, a Casa Cornide ou as estatuas de Abraham e Isaac do Pórtico da Gloria, todos eles bens en mans da familia do ditador Francisco Franco. 

"En Galicia queda moito por exhumar dos restos do franquismo", asegurou o portavoz do colectivo e candidato do BNG ao Congreso, Néstor Rego, que expresa a súa satisfacción pola saída dos restos do ditador do Val dos Caídos "aínda que sexa con 40 anos de atraso". 

A través dun comunicado, o grupo de investigados por unha acción reivindicativa no Pazo de Meirás solicita ao Goberno central que actúe con  "celeridade e "contundencia" para recuperar o complexo situado en Sada (A Coruña), así como a Casa Cornide e as estatuas de Abraham e Isaac. 

"O 5 de novembro está previsto o xuízo contra nove persoas denunciadas pola familia Franco por reclamar a devolución da Casa Cornide, mentres que os 19 de Meirás seguimos pendentes e á espera de xuízo", sinala Rego. 

Os '19 de Meirás' piden "celeridade": "Queda moito por exhumar en...
Comentarios