Axentes da Garda Civil acharon morto a un septuaxenario na súa vivenda de Betanzos, ao que os veciños non vían desde o pasado mes de xaneiro e que alertaron de que procedía un mal cheiro do piso, segundo informaron a Europa Press fontes da Benemérita.
Nun primeiro momento, deuse aviso á Policía Local que, á súa vez, trasladou o caso á Garda Civil. Unha vez obtida a autorización xudicial para entrar na casa, os axentes atopáronse o corpo "tombado sobre a cama e en avanzado estado de descomposición", precisaron as mesmas fontes.
Inicialmente non se localizou a ninguén para a súa identificación aínda que, posteriormente, contactouse cun fillo do home, que levaba 20 anos sen relacionarse co seu proxenitor.
O corpo foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) para realizarlle a autopsia, aínda que a Garda Civil confirmou que non había indicios de criminalidade, nin de violencia".