Trátase dun hippocampus guttulatus, que adoita habitar en augas máis limpas
Os mergulladores do equipo da escola MergulloViveiro Eduardo Losada e Abraham Alvo realizaron un curioso achado nas proximidades do porto de Celeiro. Trátase dun exemplar de cabaliño de mar da especie Hippocampus guttulatus, nunca antes vista na zona.
"É a primeira vez que se avista un [desta especie] na Mariña", explica o xerente do centro de mergullo Iván Barros, que indica que os hippocampus guttulatus adoitan habitar en zonas menos afectadas pola contaminación. "É mais común velos en augas máis limpas e entre as algas", apunta.