Achan unha serpe nun coche nun taller de Carballo

O animal era dunha especie foránea e terminou falecendo logo de ser extraído

Serpiente del maíz. MIKE WESEMANN (Wikipedia)
Unha serpe do millo. MIKE WESEMANN (Wikipedia)

Un mécanico dun taller de Carballo levouse un susto ao descubrir unha serpe emerxer do motor do coche que no que estaba a traballar. 

Tras dar a voz de alarma, os seus compañeiros acudiron para comprobar que era o que atopara baixo o capó do vehículo. O persoal deu aviso do achado aos servizos de urxencia sen saber se estaban ante unha especie perigosa. Finalmente, o animal, que resultou ser un espécime de serpe do millo, un animal foráneo e non venenoso, habitual nos afeccionados aos terrarios, que pode superar o metro de lonxitude.

Descoñécese como puido acabar alí o animal. Ao lugar desprazáronse a Policía Local, a Garda Civil, Protección Civil e un axente ambiental, que foi ou que retirou ao réptil, que acabaría por perder a vida no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros, posiblemente por mor dun traumatismo interno.

Comentarios