sábado. 28.05.2022 |
El tiempo
sábado. 28.05.2022
El tiempo

Directores, realizadores, guionistas e actores mostran o seu apoio a Carlos Santiago

Carlos Santiago, durante o pregón. CONCELLO DE SANTIAGO
Carlos Santiago, durante o pregón. CONCELLO DE SANTIAGO

Defenden que se está vivindo unha "agresión directa e frontal" ás "liberdades fundamentais" dos artistas e do conxunto da sociedade

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Sindical Galega de Guionistas e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia emitiron un comunicado conxunto no que expresan o seu apoio ao actor e dramaturgo Carlos Santiago tras a polémica xerada polo pregón das festas de Entroido de Santiago de Compostela. 

As asociacións indican que se está vivindo unha "agresión directa e frontal" ás "liberdades fundamentais" dos artistas e do conxunto da sociedade, unha crítica que "está a desembocar en toda clase de insultos e ameazas a este compañeiro e a toda a profesión". 

As entidades ven nestes feitos "un intento de vulnerar a liberdade de expresión" así como o "acotamento" do feito artístico. "Cremos que esta polémica xerada de forma artificial por intereses alleos á cultura e ao debate construtivo persegue, por medio da deformación da lóxica e necesaria diferenciación entre ficción e realidade, fomentar a censura e a represión", di o comunicado. 

Nos últimos días, denuncian, vivíronse "ataques" desde "determinados sectores contra o humor, a parodia ou calquera obra ou artista que se salga dos camiños morais e estéticos que queren impoñer certas elites, que só perseguen a eliminación da reflexión e da opinión". 

Por iso, as asociacións afianzaron " o seu compromiso de defender a liberdade de expresión" á vez que trasladaron a súa "solidariedade" con Carlos Santiago. 

Directores, realizadores, guionistas e actores mostran o seu apoio...
Comentarios