A adxudicataria dos comedores onde houbo intoxicacións terá que cambiar de provedores

A Xunta adopta a medida tras o novo brote de intoxicacións leves en menores de escolas infantís da Coruña e Pontevedra
JAVI COMEDOR ESCOLAR DE COLEGIO DE CAMPOLOGO
photo_camera Comedor escolar del colegio de Campolongo. JAVIER CERVERA

A Xunta, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, anunciou este mércores que obrigarán á empresa Freire Chico S.L. a cambiar os provedores de comida de todas as escolas infantís públicas –unhas 80– que xestiona despois de que se detectasen varios casos de alerxias alimentarias nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Este novo brote, confirmado este mércores, sucede ao anterior, no que as análises confirmaron que a palometa que presuntamente provocou as intoxicacións leves en menores contiña valores elevados de histaminas.

Nun comunicado remitido aos medios, o Goberno galego indica que esta medida preventiva “se implantará tanto nas escolas infantís nas que houbo algún neno que tivese algunha reacción alérxica leve como nas que non rexistraron ningún destes casos” e advirten de que esta medida pode levar modificacións nalgúns dos menús previstos.

A partir deste xoves, e de forma indefinida, -engaden- os produtos de cociña “deixarán de estar fornecidos por provedores centralizados e pasarán a comprarse en establecementos de proximidade” ás escolas que conten cos permisos e acreditacións de trazabilidade esixidos.

Do mesmo xeito, informan de que proseguen as investigacións dos técnicos de Sanidade, que “están a analizar as mostras de comida que se serviu os días en que houbo reaccións alérxicas” e que levaron a cabo inspecciones na sede da empresa concesionaria.

En calquera caso, desde o Executivo autonómico queren transmitir “tranquilidade ás familias” dada a levedada das reaccións alérxicas rexistradas, aínda que tamén deixan patente que episodios deste tipo “son intolerables” e, por iso, tomarán “as medidas necesarias”. 

Comentarios