Amencer lixeiramente nubrado e atardecer despexado

Unha persoa corre pola Praia Grande de Miño durante unha soleada xornada. CABALAR
photo_camera Unha persoa corre pola Praia Grande de Miño durante unha soleada xornada. CABALAR

Este domingo Galicia está baixo a influencia das altas presións, con réxime de ventos do nordés. Comezaremos o día con intervalos de nubes altas en xeral e nubes baixas, especialmente ao norte da provincia de Lugo. En Pontevedra os ceos manteranse máis despexados.

Co avance da xornada os ceos quedarán despexados, con formación de nubes de evolución á tarde no leste. As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará do nordés, entre frouxo e moderado no interior, con intervalos fortes no litoral noroeste e con réxime de brisas nas Rías Baixas.

A Coruña    15°     25°    
Ferrol          13°     23°    
Lugo            11°     24°
Ourense      15°     29°    
Pontevedra 14°     30°    
Santiago     12°     27°
Vigo             14°     27°

Comentarios