El tiempo
miércoles. 07.12.2022
El tiempo

Anulan unha pena de 11 anos por intentar matar á súa muller cunha maza

Carlos Inácio Pinto, durante un xuízo anterior. SALVADOR SAS
Carlos Inácio Pinto, durante un xuízo anterior. SALVADOR SAS
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia  ordena a repetición do xuízo na sección cuarta da Audiencia de Pontevedra

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a sentenza da sección cuarta da Audiencia de Pontevedra que condenou a once anos e catro meses por un delito de asasinato en grao de tentativa un home que en maio de 2016 golpeou cunha maza á súa muller nun céntrico hotel de Vigo.

Ademais, ordena a repetición do xuízo na sección cuarta da Audiencia de Pontevedra cun unha nova composición do tribunal ao estimar o recurso do condenado, quen cuestionaba a imparcialidade obxectiva das maxistradas que o compuxeron ao ratificar dúas veces a súa prisión provisional.

O alto tribunal galego entende que as maxistradas “entraron en contacto co material de instrución, expresando e valorando o seu contido”, polo que considera “xustificadas” as dúbidas sobre a imparcialidade obxectiva do tribunal sentenciador.

A vítima, segundo recollía o fallo anulado, conseguiu abrir a porta e saír da habitación e, unha vez no corredor, foi auxiliada por persoal do hotel

A sentenza anulada condenou ao empresario portugués Carlos Inácio Pinto a once anos e catro meses de cárcere e impúxolle unha orde de afastamento respecto da súa muller durante 18 anos, así como o pago dunha indemnización de 16.000 euros.

A Audiencia considerou probado que o acusado intentou "acabar coa vida" da súa muller, Eliza G.G.P., cando apareceu "por sorpresa e por detrás" da vítima cando esta se estaba duchando no baño do hotel no que se hospedaban.

As maxistradas sostiñan na súa sentenza que golpeou á muller "reiteradamente" cunha maza na parte traseira da cabeza, agarrouna "con forza" polo pescozo con ambas as mans e deulle golpes coa cabeza contra o chan.

A vítima, segundo recollía o fallo anulado, conseguiu abrir a porta e saír da habitación e, unha vez no corredor, foi auxiliada por persoal do hotel que acudira á zona alertado polos berros da muller e os fortes golpes. 

Anulan unha pena de 11 anos por intentar matar á súa muller cunha maza
Comentarios