O cadáver dunha balea de 12 metros apareceu flotando este xoves fronte ás costas de Bueu, concretamente na zona de Beluso.
Dous pesqueiros localizaron o corpo do cetáceo, que foi levado ao porto de Marín polo remolcador Santa María, de Salvamento Marítimo.
Agora tramitarase a súa incineración. A súa presenza na ría supuña un risco para a navegación.