Aparece o cadáver dun home flotando cerca da ponte das Pías en Ferrol

Foi un particular o que avistou o corpo

O servizo de urxencias do 112 Galicia recibiu ao redor das 10 menos cuarto da mañá deste xoves o aviso dun particular que vira o corpo dunha persoa flotando na auga cerca da ponte das Pías, en Ferrol (A Coruña). 

Tras recibir a alerta, comunicouse o aviso a Salvamento Marítimo, a Gardacostas, á Policía Nacional, a Urxencias Sanitarias, a Protección Civil, á Policía Local de Ferrol e aos bombeiros. 

O cadáver do home, duns 50 anos, xa foi retirado da auga polos bombeiros, segundo indicaron fontes da Policía Local.