El tiempo
domingo. 02.04.2023
El tiempo

Aparece un corpo flotando no río Miñor en Gondomar

Localizan un corpo aboiando no río Miñor en Gondomar. TVG
Localizan un corpo aboiando no río Miñor en Gondomar. TVG

Foi un veciño o que atopou o cadáver en torno á unha e cuarto da tarde

Un veciño de Gondomar atopou este domingo o cadáver dunha persoa aboiando no río Miñor. Eran as 13.20 horas cando se puxo en contacto co 112 Galicia para dar conta da situación e pedir a intervención dos medios de emerxencias para o rescate do corpo.

Desde o centro de atención ás urxencias informouse aos bombeiros do Baixo Miño, aos membros do GES de Val Miñor e aos profesionais do 061-Urxencia Sanitarias. Tamén aos axentes da Garda Civil co fin de aclarar as circunstancias do suceso e tratar de identificar á persoa falecida.

Aparece un corpo flotando no río Miñor en Gondomar