Aparece morta na súa cama unha nena de 7 anos en Muimenta

Investigan as causas da morte da menor 

Ambulancia e coches da Garda Civil fronte á vivenda da vítima, en Muimenta. EP
photo_camera Ambulancia e coches da Garda Civil fronte á vivenda da vítima, en Muimenta. EP

A Garda Civil investiga a causa da morte dunha nena de 7 anos, veciña de Muimenta, cuxo cadáver foi atopado polos seus pais cando a ían a espertar como todos os días para ir ao colexio.

O achado produciuse pouco antes das oito da mañá, nunha vivenda do centro urbano de Muimenta.

Ao lugar desprazáronse o xuíz de garda e o forense, que será quen determine a causa do falecemento, que causou consternación no lugar.

Nun primeiro momento, difundiuse o rumor de que a pequena se caeu polas escaleiras, o que foi desmentido por fontes oficiais. Non tiña sinal algunha de violencia.