Arde unha granxa porcina en Culleredo con máis de 200 leitón no seu interior

A deflagración produciuse posiblemente por un curtocircuíto nas instalacións
Incendio na granxa de Culleredo.EP
Incendio na granxa de Culleredo.EP

Un incendio calcinou gran parte dunha granxa porcina en Culleredo (A Coruña), con máis de 200 leitón no seu interior, que perderon a vida no acciedente, informan fontes municipais.

O lume declarouse antes de 08:00 horas desta mañá no lugar de Peiro, probablemente por mor dun curtocircuíto na maquinaria.

As chamas afectaron a unha das tres naves que compoñen a granxa dedicada á incubación, onde había máis 200 leitóns e algunha femia adulta.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, desprazouse ata o lugar, onde comprobou a desoladora situación e lamentou os danos producidos

Comentarios