Arde de madrugada a vivenda de Teo onde foi asasinada Asunta Basterra

O lume danou seriamente a estrutura do edificio

La casa de Rosario Porto en Teo, antes del fuego y durante los trabajos de extinciónUn incendio calcinou a planta baixa da vivenda de Teo (A Coruña) onde en setembro do ano 2013 foi asasinada a nena Asunta Basterra.

As chamas, segundo a información facilitada polo CIAE 112, declaráronse ao fío das 03,00 horas da madrugada e calcinaron parte do inmoble, situado na Póboa.

A casa é propiedade de Rosario Porto, condenada xunto ao seu exmarido Alfonso Basterra a 18 anos de cárcere polo asasinato da súa filla Asunta, que tiña 12 anos cando morreu.

Segundo os feitos probados nunha sentenza ratificada polo Supremo, Asunta faleceu o 12 de setembro no chalé de Teo propiedade da súa nai, quen trasladou o cadáver a unha pista forestal na que foi atopada horas despois por un veciño da zona.

O xurado popular do xuízo celebrado dous anos despois determinou a culpabilidade dos proxenitores, que artellaron un plan conxunto para acabar coa vida da pequena, á que deron sedantes desde tres meses antes da súa morte.

Ambos permanecen en prisión, Alfonso Basterra no centro penal de Teixeiro (A Coruña) e Rosario Porto en Ávila, onde foi trasladada na primavera deste ano.

Na mañá deste domingo, membros da Garda Civil se desprazaron á casa de Teo para tomar mostras ante a posible apertura dunha investigación para esclarecer as causas do incendio.
 

Comentarios