
O xulgado tamén arquiva a do lume de Morgadáns, en Gondomar, e outro de Baiona
O xulgado de Instrución 8 de Vigo arquivou as tres causas que abrira en relación cos incendios forestais que arrasaron Galicia en outubro de 2017, informaron este martes a Efe fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Agora ben, nun dos casos, a investigación do incendio na parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas mulleres, o arquivo é técnico, isto é, evítase que corran os prazos de prescrición dos delitos, xa que o xuíz está á espera dunhas probas periciais, precisaron. Unha vez que os reciba, o xuíz podería reabrir a causa ou arquivala definitivamente.
As outras dúas causas que arquivou están relacionadas cun incendio na parroquia de Morgadáns, en Gondomar, no que dous irmáns foron detidos e declararon nun xulgado, e con outro en Baiona.