Arrestada en Cataluña a galega Tania Varela, a muller máis buscada pola Europol

Os Mossos informan da detención da avogada, condenada por narcotráfico e branqueo

A ficha de Tania Varela na Europol.EP
photo_camera A ficha de Tania Varela na Europol.EP

Os Mossos d'Esquadra detiveron este luns na localidade barcelonesa de Vilanova i a Geltrú á avogada Maria Tania Varela Otero, quen foi parella de David Pérez Lago, fillastro do narcotraficante galego Laureaño Oubiña. Sobre a narcoabogada cambadesa pesaban tres ordes de detención. De feito, é a única muller na lista dos criminais máis buscados da Europol.

Segundo informaron fontes próximas á investigación, Varela, que se atopaba en paradoiro descoñecido desde 2014, estaba reclamada por delitos de tráfico de drogas e branqueo de capitais.Debe cumprir unha pena de sete anos de reclusión pola súa vinculación cunha banda de narcotraficantes aos que se comisou un alixo de dúas toneladas de cocaína.

Comentarios