Atendidas seis persoas por inhalación de fume nun incendio nun piso de Caldas

O lume puido iniciarse na campá extractora despois de que un dos ocupantes do domicilio se deixara unha tarteira ao lume

Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia del 061. TOÑO PARGA (ARCHIVO)

Un total de seis persoas tiveron que ser atendidas na noite do sábado debido a un incendio declarado nun piso en Caldas de Reis. Deles, cinco foron evacuados ao Hospital de Montecelo tras recibir os primeiros coidados na PAC da localidade. 

Segundo indica o 112, foi un veciño o que, ás 2.,30 horas do sábado, contactou coa central de urxencias para informar dun incendio nunha vivenda situada na avenida de Pontevedra. 

Seguidamente, o 112 pediu a colaboración dos bombeiros do Salnés e do GES de Valga para apagar as chamas que, posiblemente, iniciáronse na campá extractora despois de que un dos ocupantes do domicilio se deixera unha tarteira ao lume. 

Ata o lugar tamén acudiron os axentes da Policía Local, que desaloxaron o edificio para garantir a seguridade das persoas durante as tarefas de extinción. 

Así, seis persoas recibiron asistencia médica, das cales cinco foron derivados ao Hospital de Montecelo. En canto aos danos materiais do incendio, queimouse a campá e viuse afectada a parede da cociña.