
O suceso ocorreu a noite deste sábado na parroquia de Moraime
O corpo sen vida dunha muller foi rescatado na noite do sábado do interior dun pozo na localidade coruñesa de Muxía, informa Urxencias 112.
O suceso ocorreu sobre as 21.30 horas na parroquia de Moraime.
O 112, alertado do sucedido, avisou aos bombeiros de Cee, a Urxencias Sanitarias e a Protección Civil, así como á Garda Civil para clarificar as circunstancias dos sucedido.
O cadáver foi rescatado a uns sete metros de profundidade.