Atopan sen vida o corpo dun ciclista nunha estrada de Narón

A Garda Civil e a Policía Local traballan agora por aclarar as circunstancias do falecemento
112 Galicia. DP
photo_camera 112 Galicia. DP

A Garda Civil e a Policía investiga a morte dun home que apareceu "malferido" nunha estrada do municipio coruñés de Narón este domingo. 

Segundo confirmaron a Europa Press fontes do 112 Galicia, unha persoa particular atopou preto das 17.00 horas desta tarde a un home tendido á beira dunha bicicleta "malferido" no lugar de Castro. 

A mesma avisou aos servizos de Urxencias Sanitarias-061, que cando chegaron ao lugar dos feitos o único que puideron facer foi "certificar a morte" do ciclista. 

Dadas as particularidades do suceso, os axentes da Garda Civil e a Policía Local traballan agora por aclarar as circunstancias do falecemento.