martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

A Axencia de Doazón chama á cidadanía a doar sangue durante a ponte

Una de las unidades móviles de la Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
Una de las unidades móviles de la Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
Ados recorda tamén a importancia aumentar o volume de doazóns do tipo A Positivo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (Ados) invita a toda a cidadanía a doar sangue durante esta ponte festiva de decembro e destaca que é necesario, nestes momentos, aumentar o volume de doazóns do tipo A Positivo ao detectarse un aumento das necesidades deste grupo. 

Nun comunicado remitido aos medios, a axencia recorda tamén a importancia de incrementar nos próximos días o número de doazóns dos demais grupos e, especialmente, do Cero Negativo, popularmente coñecido como doante universal. 

Ados sinala que os períodos vacacións e as pontes festivas necesitan dun reforzo no chamamento á participación da cidadanía, xa que pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. 

Neste sentido, subliña que, todos os días do ano, necesítanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir os compoñentes que necesitan os hospitais. 

As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue vistiarán, ao longo destes días máis de 40 concellos galegos para conseguir a participación necesaria para garantir o desenvolve do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos. 

Ademais, Ados recorda que tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

A Axencia de Doazón chama á cidadanía a doar sangue durante a ponte
Comentarios