Baixan lixeiramente tras 11 días de subida os casos activos de covid en Galicia

Os novos contaxios descenden a 131 e a taxa de positividade mantense nun 1% na comunidade galega
Trabajos de investigación sobre el coronavirus. EFE
photo_camera Trabajos de investigación sobre el coronavirus. EFE

Os casos activos de covid-19 descenderon lixeiramente en Galicia tras once días de incremento paulatino e sitúanse en 2.763, así como os pacientes hospitalizados, que se reduciron a 198, mentres que os novos contaxios detectados tamén caeron até os 131.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros até as 18,00 horas deste luns, subiron a 37 os pacientes covid ingresados en Uci, o que supón catro máis, mentres que se reduciron a 161 os hospitalizados noutras unidades, cinco menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en catro do sete -A Coruña e Cee, Santiago e Barbanza, Lugo e Ferrol-, mentres que baixa en dúas -Vigo e Pontevedra-O Salnés- e mantense na de Ourense.

En concreto, na da Coruña e Cee ascenden a nove os pacientes covid en Uci -un máis- e a 57 os doutras unidades -cinco máis-; e na de Santiago e Barbanza mantéñense cinco críticos, pero aumentan a 17 os doutras unidades -cinco máis-.

Pola súa banda, na de Lugo soben a catro os pacientes con este coronavirus en Uci -un máis- e continúan oito noutras unidades; mentres que na de Ferrol segue un en críticos e aumentan a dez os doutras unidades -un máis-.

Por contra, na de Pontevedra e O Salnés descenden a 24 os pacientes covid en unidades convencionais de hospitalización -tres menos- e seguen cinco en Uci; mentres que na de Vigo ascenden a seis o críticos -un máis- pero baixan a 31 os doutras unidades -dous menos-.

E a área de Ourense conta con sete en Uci -un máis- e con 14 noutras unidades de hospitalización -un menos-.

MENOS CASOS ACTIVOS. En canto aos casos activos, tres once xornadas consecutivas de aumento paulatino dos mesmos, reducíronse lixeiramente a 2.763, o que implica catro menos, ao haber nesta ocasión máis altas (134) que contagios (131).

Deste xeito, por áreas sanitarias as infeccións activas baixan en catro do sete: Santiago e Barbanza (-15), Pontevedra e O Salnés (-8), Lugo (-2) e Ferrol (-2); mentres que soben nas da Coruña e Cee (+12), Vigo (+2) e Ourense (+9).

Por tanto, a área de Vigo mantense á cabeza con 734 casos activos; seguida da da Coruña e Cee, con 689; Pontevedra e O Salnés, con 440; Santiago e Barbanza, con 355; Ourense, con 235; Lugo, con 203; e Ferrol segue á cola, con 107.

MENOS CONTAXIOS. Pola súa banda, os novos contaxios de covid-19 detectados con calquera tipo de proba descenderon a 131 no conxunto de Galicia, despois de iniciar esta semana con 154.

A Comunidade galega confirmou nas últimas 24 horas 105 positivos por PCR, 29 menos que a xornada anterior, dos cales 27 corresponden á área de Pontevedra e O Salnés; 26, á de Vigo; 24, á o da Coruña e Cee; 12, á de Ourense; nove, á de Santiago e Barbanza; catro, á de Lugo; e tres, á de Ferrol.

Así, os contaxiados con covid-19 en Galicia ascenden a 120.150, dos cales 29.111 corresponden á área da Coruña e Cee; 23.011, á de Vigo; 18.933, á de Santiago e Barbanza; 15.133, á de Ourense; 13.299, á de Pontevedra e O Salnés; 12.292, á de Lugo; e 8.371, á de Ferrol.

Até a data da última actualización de datos Galicia realizou 1.968.619 PCR desde o inicio da pandemia, que supoñen 5.180 probas máis que as rexistradas até o día anterior -unhas 3.000 menos que as feitas a xornada pasada-.

En canto á taxa de positividade mantense por baixo do dous por cento nun 1,6%, tras caer a un 1,2% ao comezo desta semana, polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS. As persoas falecidas diagnosticadas de covid-19 na Comunidade galega ascenderon a 2.375, despois de notificar Sanidade este luns a morte doutras dúas vítimas máis.

Os dous últimos óbitos notificados corresponden a unha muller de 63 anos no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) e doutra de 88 anos en Povisa, en Vigo. Ambas faleceron este domingo 18 e tiñan patoloxías previas.

Por contra, até a data curáronse deste coronavirus en toda Galicia 115.035 pacientes, o que supón 134 persoas máis que as contabilizadas até a xornada anterior.
 

Comentarios